TERRAS DO MIÑO


O 7 de  novembro de 2002 a UNESCO incluiu as "Terras do Miño" na Rede Mundial de Reservas da Biosfera.  Ten unha extensión de 3363.669 hectáreas, comprende 26 municipios da cunca alta do Miño, na provincia de Lugo.

É un recoñecemento á convivencia sustentable que fai compatible o desenvolvemento de actividades produtoras coa conservación dos ecosistemas.

Terras do Miño é a primeira Reserva da Biosfera de Galicia e unha das máis extensas de España.
O 34% da provincia de Lugo forma parte desta reserva e comprende os concellos de Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guntín, Cospeito, Meira, Begante, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde,  O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.

Destacan na paisaxe destes lugares os bosques de ribeira, árbores centenarios, plantas acuáticas e dentro da fauna o mexillón de río, que indica un bo estado de conservación das augas, as lontras e o lobo.

A arquitectura tradicional está integrada na paisaxe e construcións como muiños, canles, pedras de muiño, mazos, serras e fraguas amosan a estreita relación da poboción galega coa auga, que é utilizada na realización dos taballos cotiáns.

As actividades agrícolas e gandeiras debuxan un mosaico de pradeiras e leiras cultivadas bordeadas e alternando con matorrais e formacións arbustivas que contribúen ao mantemento da vida silvestre e a armonía entre o home e o seu entorno.







No hay comentarios:

Publicar un comentario