Asistimos ao primeiro congreso escolar Rede Auga, promovido polo CEIDA e celebrado en Coruña o 26 de maio.
Neste congreso participaron dez centros de toda Galicia que traballaron durante todo este curso no estudo, coidado e conservación da auga.
Un resumo do noso traballo pode verse nos vídeos que engadimos a continuación:
Resumo do congreso
https://www.youtube.com/watch?v=B3VYOntLHe4
Vídeo presentado polo CPI Tino Grandío
https://www.youtube.com/watch?v=q3t7psfB0rw
lunes, 30 de junio de 2014
Traballo no laboratorio
Para determinar a calidade da auga do concello, os alumnos aportaron mostras de distintos regatos, pozos e fontes do seu lugar.
Nas mostras analizamos, mediante colorimetría con reactivos para determinacións de campo, o pH, amonio, nitritos, nitratos e fosfatos.
Os resultadoas aparecen na táboa seguinte:
Ningún dos parámetros estudados sobrepasa os valores máximos admitidos en augas potables.
Alumnos de 3º ESO analizan as mostras de auga

martes, 17 de junio de 2014
Bos consellos para coidar a auga
Os alumnos de 2º de ESO, aproveitamos o aprendido no "Proxecto Ríos" para practicar o vocabulario en inglés e elaborar uns consellos para manter a calidade da auga.
Con eles fixemos este pequeno vídeo.
jueves, 10 de abril de 2014
Visita a unha potabilizadora
Trátase dunha pequena instalación inaugurada recentemente, con modernos sistemas de control e tratamento da auga.
Abastece a unhas sesenta familias e algunhas granxas das parroquias de Lousada e San Mamede.
A auga procede da Fonte das Pías, xa usada tradicionalmente pola xente do lugar.
É unha fonte de auga non contaminada que circula baixo terra polo que o proceso de potabilización só require un filtrado con filtros de area e o clorado necesario en toda aquela auga de uso doméstico.
Panel de control informatizado da potabilizadora.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgwZef_ZpQnVaAVl21R17pmUVuo5Xo5N_tcJ-_dwEK0B6QsJvjooDNxGSfOaESVTGS3qWBZdEyK89CYrE2BdPhMxSgHXYvz6c_Ghc-MLGygbFfwDMJ9bRxY5lBMfNKJZApLk5jZw7MADgk/s1600/DSCN1789b.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLHgBBZSnKAOv2LFGcNuaiFDuzO4oohTb9DzaGzMmCiB1Ik2mNQVVudCbi1XFPUTSt-5wIxM14Hxr9HNm1So2Td4BzaLQmwcrV78zHSmafB9LH-vK_i8adBdk9GB5m1Ug_3JQYeMuHjqw/s1600/DSCN1787b.jpg)
Como vedes o manancial é subterráneo
Inspección de outono de 2013
SAÍDA AO RÍO
Durante este curso, os alumnos do colexio de Guntín seguimos co estudo e coidado do río Ferreira.
Tal e como está deseñado, dentro dos Proxectos Ríos e Rede Auga, en outono fixemos a inspección correspondente dun tramo situado preto do noso centro.
Os alumnos de 2º e 4º de ESO observamos o estado da vexetación das marxes e tomamos mostras de auga do río para determinar a sua calidade a partir de parámetros físicoquimicos e biolóxicos.
O nivel da auga era o normal para a época do ano e non aparecia estancada no lugar en que tomamos as mostras.
Como bioindicadores de boa calidade da auga encontramos tres familias de macroinvertebrados: heptagénidos, sericostomátidos e leptoflébidos.
Durante este curso, os alumnos do colexio de Guntín seguimos co estudo e coidado do río Ferreira.
Tal e como está deseñado, dentro dos Proxectos Ríos e Rede Auga, en outono fixemos a inspección correspondente dun tramo situado preto do noso centro.
Os alumnos de 2º e 4º de ESO observamos o estado da vexetación das marxes e tomamos mostras de auga do río para determinar a sua calidade a partir de parámetros físicoquimicos e biolóxicos.
Como bioindicadores de boa calidade da auga encontramos tres familias de macroinvertebrados: heptagénidos, sericostomátidos e leptoflébidos.
martes, 25 de junio de 2013
Estudando o clima
Unha das dificultades que atopamos este curso para facer a inspección do río foi o elevado número de días de chuvia. Este feito levoúnos a pensar se realmente o inverno se saía do normal nesta zona.
Os alumnos de 3º ESO, grupo de PDC, decidimos recoller algúns datos metereolóxicos dunha estación próxima ao concello e analizar os resultados.
Aquí está un resumo das nosas investigacións.
O río na clase de inglés
Os alumnos de 1º de ESO practicamos o vocabulario deste idioma e elaboramos un pequeno vídeo ilustrativo con alguns animais e plantas cos que nos failiarizamos este curso.
Aquí podedes ver este vídeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)