O 7 de novembro de 2002 a UNESCO incluiu as "Terras do Miño" na Rede Mundial de Reservas da Biosfera. Ten unha extensión de 3363.669 hectáreas, comprende 26 municipios da cunca alta do Miño, na provincia de Lugo.
É un recoñecemento á convivencia sustentable que fai compatible o desenvolvemento de actividades produtoras coa conservación dos ecosistemas.
Terras do Miño é a primeira Reserva da Biosfera de Galicia e unha das máis extensas de España.
Destacan na paisaxe destes lugares os bosques de ribeira, árbores centenarios, plantas acuáticas e dentro da fauna o mexillón de río, que indica un bo estado de conservación das augas, as lontras e o lobo.
As actividades agrícolas e gandeiras debuxan un mosaico de pradeiras e leiras cultivadas bordeadas e alternando con matorrais e formacións arbustivas que contribúen ao mantemento da vida silvestre e a armonía entre o home e o seu entorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario