martes, 25 de junio de 2013

Estudando o clima


Unha das dificultades que atopamos este curso para facer a inspección do río foi o elevado número de días de chuvia.  Este feito levoúnos a pensar se realmente o inverno se saía do normal nesta zona.

Os alumnos de 3º ESO, grupo de PDC, decidimos recoller algúns datos metereolóxicos dunha estación próxima ao concello e analizar os resultados.

Aquí está un resumo das nosas investigacións.




O río na clase de inglés


Os alumnos de 1º de ESO practicamos o vocabulario deste idioma e elaboramos un pequeno vídeo ilustrativo con alguns animais e plantas cos que nos failiarizamos este curso.

Aquí podedes ver este vídeo.


video

jueves, 13 de junio de 2013

Inspección do río Ferreira



O río Ferreira é un afluente do Miño que pasa polo concello de Guntín, en donde está situado o noso colexio.

O tramo escollido por nos para o seu estudo empeza en Ponte Cabalar e segue 500 metros río arriba.

Esta actividade ao ao aire libre foi posposta varias veces debido as intensas chuvias deste inverno e realizámola o 5 de xuño.

Comezamos en Ponte Cabalar describindo en que consiste o proxecto e observando a vexetación predominante, consistente en chopos, freixos, salgueiros, lirios amarelos, gramíneas, sabugueiros, maciras e amieiros que forman a vexetación de ribeira.

Botón de ouro.




Freixo
Lïrio amarelo

Fento real
 A vexetación máis chamativa, en zonas nas que chega a auga, está formada por fento real e perexel de auga.



Pé de boi


ESTUDO DA CALIDADE DA AUGA

Para determinar o estado do medio acuático tomamos mostras de auga e macroinvertebrados acuáticos
nun punto do río donde a auga presentaba unha certa corrente.
Toma de mostras de macroinvertebrados
Os macroinvertebrados acuáticos son bioindicadores da calidade da do medio acuático xa que, algúns deles necesitan para sobrevivir un medio libre de contaminantes e ben osixenado.


Nas mostras do fondo os alumnos, coa axuda dos profesores, intentaron identificar todos os exemplares posibles.








Macroinvertebrados indicadores do bo estado do río


martes, 11 de junio de 2013

Estudamos a vexetación do noso entorno



Ola amigos, somos os alumnos de 5º de primaria do CPI TINO GRANDIO.
Ao noso grupo gústanos a natureza e aproveitamos que o noso colexio está situado ao pé do río Ferreira para recoller follas das árbores deste lugar e facer un herbario.

O primeiro día de sol da primavera (este ano choveu seguido) collemos unhas caixas de cartón e saímos co noso profesor, Anxo.

Nada máis sair do colexio atopamos unha "procesión", buscando unha árbore para facer o niño.


A procesionaria do pino desprázase desta maneira.
Ten pelo urticantes e chega a ser unha praga para os piñeiros chegando incluso a matalos.

As primeiras árbores que nos chamaron a atención eran piñeiros e eucaliptos, plantados a xeito de cultivos para aproveitar a madeira.


Canto máis nos aproximamos ao río, máis vexetación característica de Galicia podemos atopar.  Na imaxe seguinte vemos un carballo coas follas novas e as flores que forman amentos, de cor verde e pouco vistosas xa que o axente polinizante é o vento.




Otra planta característica de Galica é a xesta, aínda que neste caso non ten flores.


Xa na beira do río abondan os salgueiros e os sabugueiros.



O río estaba moi lodo porque as chuvias foron intensas.




 Foi unha sorpresa atopar as maceiras en flor á beira do río.


A primavera en Guntín cubre as árbores dunha delicada cor verde.


O dente de león xa ten sementes listas para voar co vento.


Unha vez no colexio fixemos un herbario coas plantas recollidas e prensadas.  Aquí vedes algún exemplos.









 





sábado, 27 de abril de 2013

Cantigas populares


Da miña pereira, as peras
todiñas mas van levando,
unha a unha, de tres en tres,
sen elas me vou quedando.

As rapazas desta aldea
cando vai pastar o gando,
van recoller as mazáns
dos manciñeiros do amo.

- Nena que vendes as peras
cantas che mandaron dare?
- Para ti meu queridiño
non mas mandaron contere.

Teño un castiro moi alto
no tronco ten mil enredos
tampouco os namorados
poden ter os ollos quedos.

Arriba carballo torto,
inda te hei endereitar,
inda che hei quitar leña
para facer o xantar.

Eu quero un mozo que sexa
forte coma un castiñeiro,
que sea bo bailador,
saiba tocar o pandeiro.

Naquela banda do río
ten meu pai un castiñeiro,
dá castañas en agosto,
uvas brancas en xaneiro.

A castaña no ourizo
eu bensei o que fai:
cando está verde, madura;
e cando está madura cai.

Miña nai, doime a barriga.
Miña filla confesión.
As castañas que comiche
de que castiñeiro son?.

O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén podía levare
as linguas murmuradoras.

domingo, 31 de marzo de 2013

Outono

Entre as paisaxes representativas da provincia de Lugo están as correspondentes a distintas masas de caducifolios que se extenden dende as montañas de O Courel ata o litoral.

As árbores son elementos fundamentais das paisaxes galegas e están moi presentes na nosa literatura.

 Alumnos de 1º ESO do CPI Tino Grandío elaboraron unha exposición de outono con fotografías e follas recollidas no seu concello.



 

 



Outra das actividades foi recoller poemas e adiviñas e crear contos relacionados coas árbores

A árbore na literatura galega



A árbore, Castelao "Sempre en Galiza"

"A árbore é un símbolo do señorío espiritual de Galiza".

A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura;

é unha ledicia dos ouvidos, porque nela cantan os paxaros;

é un arrolador do espirito, porque nas súas polas conta contos o vento.

A árbore danos a froita que é un manxar composto polo noso creador, para regadía do noso padal: o derradeiro ben que nos queda do paraiso perdido.

A árbore pídelle auga ó ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

A árbore danos a sombra fresca na verán e a quentura agarimosa no inverno.

A árbore danos as traves, o sobrado e as portas da casa.  Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa pra baixar a terra.

A árbore danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo.

Val máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouros nos bancos.

A calvicie dos montes galegos  é unha terrible acudación contra o estado unitario.

As árbores son as minas galegas que NOS SABEREMOS EXPLOTAR CANDO A NOSA TERRA SEXA NOSA. 



"Teoría da arbre"

O berce foi antes arbre.
Berce de arbre é o vento.
O arbre fillo da terra,
danos sombra i alimento.

Arbre, a porta da casa,
arbre, o estrado i o teito,
arbre, o carro i a mesa,
arbre, a chuvia no vento,
arbre, a caixa do morto,
arbre, a fiestra i o asento.

Arbre, o bosco i a barca,
no medio soi silencio.

A nosa casa é un arbre.

Casa do arbre é o vento
que pasa peleriñando
con ledos paxaros dentro.

O arbre danos de todo,
barca, teito, enterramento.

O mundo semella un arbre
prantado no firmamento.
A vida parece un arbre,
no medio tan soio o vento.

Celso Emilio Ferreiro. "Viaxe ao país dos ananos"


Contos creados polos alumnos de 1º ESO



Castiñeiro, meu amigo!

Érase unha vez un grupo de amigos, todos tíñan oito anos, eran compañeiros da clase.
Estaban no outono e, de volta á casa dende o colexio, atoparon unha castaña moi grande no medio do camiño.  Decidiron collela e plantala coa condición de que, aínda que se fixesen maiores e marcharan do pobo, todos volverían cada ano  recoller as castañas e facer unha festa.  Así o fixeron.
Pola tarde reuníronse todos para plantar a castaña.
Todas as semanas no verán ían regar o castiñeiro.
Cada un seguiu o seu camiño, pero todos os anos volvian o 1 de novembro para recoller as castañas.
E así pasaron 50 anos.  Os nenos xa eran maiores e o castiñeiro unha fermosa árbore.
Ao ano seguinte, cando se volvero a xuntar, o castiñeiro estaba casi seco.  Todos levaron unha gran desilusión e fixeron todo o posible para que a árbore non morrese porque uníaos a todos dende pequenos.
Pasaron uns meses e un dos amigos, chamado Xosé, púxose moi enfermo e díxolles aos outros que se morría, que levaran xunto a árbore as súas cinzas.
O 1 de novembro seguinte todos se reuniron xunto a árbore aínda que desta vez era distinto pois Xosé estaba enfermo. Púxose a recoller castañas e de pronto apareceu morto no chan.
Cunha gran tristura os amigos fixeron o que lles pedira:  levaron as cinzas e botáronas arredor do vello castiñeiro, que semellaba seco.
Ao día seguinte voltaron xunto á árbore para despedirse do seu amigo, xa que tiñan que volver ao seu traballo, e atopáronse cunha gran sorpresa: o castiñeiro estaba verde outra vez.
Todos creron que foran as cinzas do seu amigo, e así cada  ano volvían xunto ao castiñeiro, pero non era coma antes, agora celebraban dúas cousas: a súa festa do magosto e que o seu amigo vivía naquela árbore 




"O lugar no que os bidueiros cantan"

Unha parella de irmáns recibiu unha noticia que cambiaría as súas vidas por completo.  A rapaza de 12 anos, chamábase Uxía e o pequeno de 7, Nicolás, coñecido por Nico.  Estaban a 15 de decembro, tras unha forte seca que sufrira o país; sen auga nos ríos nin nas leiras os pais destes nenos, que sempre foran agricultores, non podían traballar, os animais non tiñan para comer e os cultivos non medraban.  A auga do pozo esgotábase con só utilizala para beber e o aseo.

Na cidade, pola contra, tiñan auga que se obtiña mediante a desalinización e potabilización da auga do mar.

Esta familia non tivo máis remedio que abandonar a súa casiña no pobo para ir a vivir a un enorme edificio, nun piso acolledor pero para Nico noxento.

A el encantáballe a natureza e, cando os seus pais lle contaron que terían que ir a vivir á cidade colleu tal perrencha que pasou sen comer un día, aínda que esa mesma noite foi a escondidas á neveira, e case a deixa baleira!.

Para Uxía a cousa cambiaba pois a natureza non era o seu forte.  Odiaba os insectos, os malos olores dos animais..Ela pensaba que tiña que ter nacido na cidade.

Ao día seguinte Nico despertou e o primeiro que fixo foi mirar ao reloxo: eran as nove menos cuarto da mañá e tiña colexio.

Vestiuse, foi ao cuarto de baño e mentres baixaba as escaleiras berroulle a súa nai

- Prepárame un vaso de zume que saio pitando, o autobús xa está aí!.

Linda non lle fixo caso, camiñou ata o transporte escolar e díxolle que continuara, que os nenos non ían ir ese día a escola.

Nico saíu pola porta farfullando e díxolle a súa nai que por riba de que tiña que dixar a casa, non podía ir ao colexio co ben que pasaba cos seus compañeiros.

Súa nai explicoulle que ían ter que ir a un novo colexio pois non podería levalo dende a cidade á escola do pobo todos os días.

Correu ata a casa e deu un portazo ao entrar.  Linda suspirou pois doíalle moito ver ao seu fillo daquela maneira.  Uxía saíu sorrindo pola porta e díxolle: - Imos ou que!.  Non quero chegar tarde o primeiro día.  Linda respondeu: corre a chamar a Roberto, que está no salón e dille que se dea présa ou non chegaremos a tempo.

Ela subíu e folou con Nicolás:

- Tes que enterder, pequeniño, que aquí non podemos quedar pois a auga é imprescindible para a vida.  Estaremos na cidade ata que todo volva a ser normal e viremos os sábados e os  domingos.  Anda, bule, que imos chegar tarde.

Facía 13 meses e 2 días que non chovera nada.  Todos estaban asustados pero Uxía e Nico, nestes momentos, non pensaban niso.

Pasaron uns meses, as navidades remataran e agora acercábase o Entroido.

Decidiran ir todos os sábados a súa casa de sempre, ese era o día favorito da semana de Nico.  Botaba moito de menos o pobo e sobre todo ese prado no que sempre se deitaba á sombra dos bidueiros, as súas árbores favoritas.

Antes, cando chegaba do colexio, moitas veces levaba a mochila e sentándose nesa montaña de madeira sacada desas dúas árbores que había alí pegadiñas, facía os deberes. Incluso se chovía, pegábase un pouco máis para recibir a calor das árbores e xa era feliz.  Añoraba ese rincón de tranquilidade.

Un sábado, Uxía e o seu irmán foron xunto ás árbores, pero como ela se aburría sentada alí decidiron ir dar un paseo.  Seguindo ese camiño toparon co leito dun río, estaba completamente seco, so quedaban as pedras e ramiñas ou follas que caeran das árbores.  Ese día Uxía pasouno realmente ben xogando co seu irmán e descubriu cando ían no coche, que a medida que se alonxaban da casa, máis ganas tiña de volver.  

Esa noite Uxía non facía máis que dar voltas na cama, levantouse e abriu a súa ventá desexando coller ese aire que lle faltaba, pero non lle serviu de nada.   Ela necesitaba ese aire tan fresco que se respira xunta as árbores, o silencio dos bosques, nos que só escoitas as túas pisadas, e o ruído das follas deslizándose polo chan ou o chocar  de pólas e follas. E o único que percibía era o fume dos tubos de escape, dos coches que vagan se cesar, e o ruído da xente berrando polas rúas, ou eses motores tronantes que agora tanto lle molestaban.

Ao fin, tras unha longa semana, chegou o sábado e Uxía estaba moi contenta por pòder ir ata o pobo.
Según chegaron xogaron co cadeliño e, de súpeto, a rapaza notou un cosquilleo na brazao, e Nico díxolle:
 - Tes unha araña no brazo. 

Ela contestou :  Non pasa nada, é un inofensivo bichiño, mentras a collía coa man e a deixaba no chan para que puidera fuxir.  Nico estaba coa boca aberta.

Pola tarde os dous irmáns foron ata ese rincón que agora aos dous tanto lles gustaba.

Pasaron tres anos e os nenos cada vez estaban máis tristes por ter que vivir naquela "xaula", no centro da cidade.  Por sorte o día 2 de novembro do 2013, cando os nenos descansaban tumbados na herba xunto ao bidueiro, Nicolás notou unha pinga de auga e díxolle á súa irmá:
 -Está chovendo!.
Ela pensou que era unha tontería pero entón  tamén notou outra e así sucesivamente ata que choveu con forza. 

Pasado só un mes xa volveron ao seu colexio, á súa casa e , como non, a visitar todos os días o seu rincón que agora chamaban: " O lugar no que os bidueiros cantan" . Cada día ían apreciando máis a natureza, e viviron felizmente, deixando atrás eses anos nos que tan mal o pasaran e, cando antes malgastaban auga sen importar a cantidade ahora para eles unha gota de auga era un tesouro.