jueves, 10 de abril de 2014

Visita a unha potabilizadora



Trátase dunha pequena instalación inaugurada recentemente, con modernos sistemas de control e tratamento da auga.

Abastece a unhas sesenta familias e algunhas granxas das parroquias de Lousada e San Mamede.

A auga procede da Fonte das Pías, xa usada tradicionalmente pola xente do lugar.

É unha fonte de auga non contaminada que circula baixo terra  polo que o proceso de potabilización só require un filtrado con filtros de area e o clorado necesario en toda aquela auga de uso doméstico.




Panel de control informatizado da potabilizadora.



                                   Filtros de area                                













Como vedes o manancial é subterráneo

Inspección de outono de 2013

SAÍDA AO RÍO


Durante este curso, os alumnos do colexio de Guntín seguimos co estudo e coidado do río Ferreira.

Tal e como está deseñado, dentro dos Proxectos Ríos e Rede Auga, en outono fixemos a inspección correspondente dun tramo situado preto do noso centro.


Os alumnos de 2º e 4º de ESO observamos o estado da vexetación das marxes e tomamos mostras de auga do río para determinar a sua calidade a partir de parámetros físicoquimicos e biolóxicos.



O nivel da auga era o normal para a época do ano e non aparecia estancada no lugar en que tomamos as mostras.



Como bioindicadores de boa calidade da auga encontramos tres familias de macroinvertebrados: heptagénidos, sericostomátidos e leptoflébidos.