Trátase dunha pequena instalación inaugurada recentemente, con modernos sistemas de control e tratamento da auga.
Abastece a unhas sesenta familias e algunhas granxas das parroquias de Lousada e San Mamede.
A auga procede da Fonte das Pías, xa usada tradicionalmente pola xente do lugar.
É unha fonte de auga non contaminada que circula baixo terra polo que o proceso de potabilización só require un filtrado con filtros de area e o clorado necesario en toda aquela auga de uso doméstico.
Panel de control informatizado da potabilizadora.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgwZef_ZpQnVaAVl21R17pmUVuo5Xo5N_tcJ-_dwEK0B6QsJvjooDNxGSfOaESVTGS3qWBZdEyK89CYrE2BdPhMxSgHXYvz6c_Ghc-MLGygbFfwDMJ9bRxY5lBMfNKJZApLk5jZw7MADgk/s1600/DSCN1789b.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLHgBBZSnKAOv2LFGcNuaiFDuzO4oohTb9DzaGzMmCiB1Ik2mNQVVudCbi1XFPUTSt-5wIxM14Hxr9HNm1So2Td4BzaLQmwcrV78zHSmafB9LH-vK_i8adBdk9GB5m1Ug_3JQYeMuHjqw/s1600/DSCN1787b.jpg)
Como vedes o manancial é subterráneo