sábado, 27 de abril de 2013

Cantigas populares


Da miña pereira, as peras
todiñas mas van levando,
unha a unha, de tres en tres,
sen elas me vou quedando.

As rapazas desta aldea
cando vai pastar o gando,
van recoller as mazáns
dos manciñeiros do amo.

- Nena que vendes as peras
cantas che mandaron dare?
- Para ti meu queridiño
non mas mandaron contere.

Teño un castiro moi alto
no tronco ten mil enredos
tampouco os namorados
poden ter os ollos quedos.

Arriba carballo torto,
inda te hei endereitar,
inda che hei quitar leña
para facer o xantar.

Eu quero un mozo que sexa
forte coma un castiñeiro,
que sea bo bailador,
saiba tocar o pandeiro.

Naquela banda do río
ten meu pai un castiñeiro,
dá castañas en agosto,
uvas brancas en xaneiro.

A castaña no ourizo
eu bensei o que fai:
cando está verde, madura;
e cando está madura cai.

Miña nai, doime a barriga.
Miña filla confesión.
As castañas que comiche
de que castiñeiro son?.

O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén podía levare
as linguas murmuradoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario